twitter


 Aquí tedes o trailer do documental que protagoniza a nosa compañeira Carmen, en especial para os que tiveron a sorte de se-los seus derradeiros alumn@s no colexio, que agora cursan 3º de primaria. Unha muller que deixa pegada alí por onde pasa e que despois dunha vida adicada á educación dos máis cativos, na actualidade, despois de xubilarse, dá clases de alfabetización a mulleres que non tiveron a oportunidade de estudar cando eran mozas. Todo un exemplo de profesionalidade e unha marabillosa persoa da que estou orgulloso de haber coñecido e por suposto aprendido dela como compañeira de traballo. 
Preme no enlace para ve-lo vídeo: